Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Igloo consegue o Premio do público nos II Premios de la Música Independiente

NO RESTO DAS CATEGORíAS COMPITEN CATRO DISCOS MáIS DE ARTISTAS GALEGOS

Igloo consegue o Premio do público nos II Premios de la Música Independiente

INDIE | xuño 15, 2010

not_14631.jpg

Con máis de once mil votos recollidos a través do sitio web de Radio 3 RNE, catro mil máis que o seguinte competidor na lista final, os Igloo recollerán o Premio Especial do Público por La transición de fase (Ernie records, 2009) na segunda edición dos Premios de la Música Independiente convocados pola Unión Fonográfica Independiente (UFI). A falta de coñecer o resultado das votacións no resto das categorías , que non se desvelará ata a gala de entrega de premios a primeiros de xullo, Igloo é única proposta musical de Galicia que xa conta cun dos galardóns. Nuns resultados parciais feitos públicos o pasado 9 de xuño o álbum Piano Solo de Abe Rábade apuntábase como gañador na categoría de Mellor álbum de Jazz na que competía, entre outros, co disco Soños e delirios de Lucía Martínez Cuarteto. A presenza de artistas galegos nos finalistas completábase con Los Reyes del K.O. e Tradicción (Falcatruada, 2009) de Nova Galega de Danza.

VIDEO | Sin Mentiras

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer