Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Rebeca Ponte transfórmase en Cardigan Bridge para o seu debut discográfico

A MULTIDISCIPLINAR ARTISTA PLáSTICA AMPLíA O SEU CAMPO EXPRESIVO COA CREACIóN MUSICAL

Rebeca Ponte transfórmase en Cardigan Bridge para o seu debut discográfico

CANTAUTOR | xuño 30, 2010

not_17189.jpg

Coñecida nos últimos anos pola súa actividade nas artes plásticas Rebeca Ponte presenta hoxe ás 21 horas na boite do Playa Club da Coruña o seu disco On the windowsill. Usando como nome musical a translación ao inglés do seu, Cardigan Bridge por Rebeca Ponte, a artista multidisciplinar ofrece neste disco nove temas en inglés tamén, escritos e compostos por ela. Ponte, que foi alumna da Escola de Jazz do Concello da Coruña, participou en diversas formacións musicais nos últimos anos ademais de incluír pezas da súa composición en diversas exposicións e performances plásticas, así como para pezas danza contemporánea. En On the windowsill Rebeca presenta un traballo “sen grandes pretensións” que amosa as súas raíces musicais no folk-pop feminino contemporáneo con influencias que van desde Tracy Chapman ou Carly Simon ata Lorena MacKennit ou grandes damas do jazz como Ella Fitzgerald. A artista presente unha serie de videoclips das cancións feitos con base en obras fotográficas súas.

VIDEO | Dead birds on the windowsill
VIDEO | Among the clouds
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer