Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Noitarega presenta o seu novo disco XXI

A FORMACIóN CELEBRA CON ESTE TRABALLO OS SEUS VINTE E UN ANOS DE CARREIRA

Noitarega presenta o seu novo disco XXI

FOLK | setembro 17, 2010

not_17489.jpg

Para conmemorar os seus 21 anos de existencia desde o 1989 até o presente a agrupación Noitarega ven de sacar o seu terceiro disco XXI (Autoedición). O disco propón vinte temas e foi gravado nos Estudios Muu de Vigo baixo a produción de Pedro Feijoó e do mesmo grupo que, fiel ao seu estilo, nos amosa a clara evolución da banda e que conta coas colaboracións de Anxo Pintos (Berrogüetto), Ernesto Campos, Xaime Estévez (Os Terribles de Donas) ou Luís “O Caruncho”, entre outros.

Na súa formación actual de cinco membros Noitarega busca unha nova interpretación da música tradicional galega, xunguindo o sabor do tradicional con novas e rechamantes opcións instrumentais e interpretativas, todo isto conseguido cunha base instrumental netamente autóctona máis realizando uns arranxos anovadores, como a combinación de gaitas en diferentes tons, zanfona con pito e requinta ou mesturas de diferentes aparellos percusivos.

VIDEO
Noitarega - Tráiler promocional
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer