Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Mercedes Peón e Cristina Pato tocarán no WOMEX

AS DúAS ARTISTAS PARTICIPARáN NO FESTIVAL DINAMARQUéS QUE SE CELEBRA ENTRE O 27 E O 31 DESTE MES

Mercedes Peón e Cristina Pato tocarán no WOMEX

FOLK | outubro 15, 2010

imaxe non dispoñible

Vaise coñecendo a representación galega que acudirá ao coñecido festival musical WOMEX, en Dinamarca. Hai uns días facíase público que a organización do encontro seleccionar a galega Mercedes Peón para actuar na sección principal do mesmo o vindeiro 28 de outubro. Canda a ela, Cristina Pato participará no concerto que a marca Sounds from Spain desenvolve o día 29 no escenario offWOMEX. Canda a elas, entre o 27 e o 31 unha delegación da Axencia Galega das Industrias Culturais participará no evento dentro do posto de Sounds from Spain e confirmaron tamén a súa presenza os selos Maré, Zouma, Nordesía e Fol, asi como Budiño e a promotora Articket. Os asistentes ao encontro poderán coñecer a música galega a través dun duplo CD que amosa unha selección de grupos de xéneros como o pop-rock, o jazz e a música tradicional e folk.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer