Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Pesdelán presenta no Culturgal o seu primeiro disco

KALANDRAKA EDITA PARA ESPAñA E PORTUGAL ESTE TRABALLO DIDáCTICO E MUSICAL

Pesdelán presenta no Culturgal o seu primeiro disco

FOLK | novembro 26, 2010

not_17954.jpg

Este domingo ás 17 horas o Culturgal acollerá a presentación do primeiro disco de Pesdelán, Na punta do pé é o seu título. Trátase dun libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués. O traballo publicado en Galicia e Portugal (Pezinhos de lã) pola editorial Kalandraka, conta ademais coas ilustracións do portugués João Vaz de Carvalho. Dous anos despois da súa creación esta é a primeira gravación desta formación cuxos compoñentes foron ou seguen a ser parte doutro proxecto musical coñecido do panorama galego. Berrogüetto, Leilía, Alfolíes, Xochilmica, Almáciga ou a banda de Susana Seivane son algúns destes grupos dos sete artistas que integran Pesdelán. A proposta didáctica de Na punta do pé está dirixida por Mercedes Prieto e Montse Rivera coa produción musical de Pedro Pascual e colaboracións como Guadi Galego ou Celina Piedade.

MULTIMEDIA
PESDELÁN: Na punta do pé
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer