Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Iván Ferreiro, Xoel López e Elodio y los Seres Queridos abren unha xira para lanzar novos músicos

GIRANDO POR SALAS (GPS) PRETENDE DAR A COñECER NOVOS TALENTOS A BAIXO PREZO

Iván Ferreiro, Xoel López e Elodio y los Seres Queridos abren unha xira para lanzar novos músicos

POP | novembro 30, 2010

imaxe non dispoñible

Entre os cincuentra discos máis vendidos nos últimos dous anos non hai ningún grupo emerxente. E precisamente ese descoñecemento é o que pretende combater Girando por salas (CPS), unha iniciativa que xunta a novas promesas con valores consagrados da música en salas de concertos a baixo prezo (entre 5 e 10 euros). Santiago acolle hoxe o primeiro dos concertos desa particular xira que ten ámbito estatal, con Xoel López e Iván Ferreiro (que revisarán os seus éxistos máis coñecidos) de “padriños” de Elodio y los seres Queridos (Sala Capitol, Santiago, 21:00 horas). Non será o único grupo galego desta iniciativa pola que tamén pasarán Aló Irmao, Delahoja, Quempallou e Triángulo de Amor Bizarro. Todos eles se presentaron ao proceso de selección a través da web cunha comisión formada por representantes das asociacións musiciais que, xunto co Ministerio de Cultura promoveron esta actividade.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer