Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Coñécense os finalistas galegos nos Premios da Música

SINIESTRO TOTAL, IVáN FERREIRO, TRIáNGULO DE AMOR BIZARRO E LUAR NA LUBRE DESTACAN NA REPRESENTACIóN GALEGA

Coñécense os finalistas galegos nos Premios da Música

MISCELáNEA | febreiro 25, 2011

imaxe non dispoñible

Os Premios da Música 2011 teñen unha destacada representación galega entre os finalistas dalgunhas das categorías principais. Deste xeito, Siniestro Total pode gañar o galardón ao Mellor Álbum de Rock, con Country and Western, mentres na categoría de Rock Alternativo compite Triángulo de Amor Bizarro con Año Santo. Iván Ferreiro, pola súa banda, opta ao premio ao Mellor Álbum de Pop Alternativo con Picnic extraterrestre e Solsticio de Luar na Lubre é candidato ao Mellor Álbum de Música Tradicional. Na categoría de Mellor Canción en Galego atopamos o Alalá da noite de Berrogüeto, Derorán de Mercedes Peón, Negro Caravel, interpretado por Cristina Pato e Rosa Cedrón e de novo Siniestro Total co tema Quen me dera na casiña. Tamén hoxe coñeceuse que Triángulo de Amor Bizarro serán finalistas dos Premios Mexicanos IMAS (Indie-O Music Awards) na categoría Artista español do ano, ogañador coñecerase o vindeiro 13 de abril.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer