Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Consello da Cultura presenta Paseniño, un método de aprendizaxe musical

A PROPOSTA DE ANTONIO CERVIñO PARTE DE MELODíAS TRADICIONAIS GALEGAS

O Consello da Cultura presenta Paseniño, un método de aprendizaxe musical

FOLK | maio 27, 2011

imaxe non dispoñible

Aproveitar as melodías tradicionais galegas para aprender a tocar o violonchelo, a percusión, o clarinete, o violín ou a trompeta. Esta é a proposta que fai Antonio Cerviño Loira co seu método Paseniño, que agora ve a luz da man do Consello da Cultura. A sede da institución en Compostela acolle ás 19 horas de hoxe o acto de presentación dos cincos libros que, polo momento, conforman esta iniciativa. Logo da intervención do autor e de Maximino Zumalave, coordinador da Sección de Música do Consello, desenvolverase un concerto de pezas populares a cargo de Rosalía Vázquez (violonchelo), Luís Lugo (trompeta), Lourdes Sánchez-Décima, Antonio Cerviño (piano) e a Escolanía da Catedral de Santiago de Compostela baixo a dirección de José Luis Vázquez.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer