Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Moon Cresta gaña o segundo concurso Querostar

NEVERSIDE E MOONDOG BLUES PARTY QUEDARON SEGUNDOS E TERCEIROS NO CERTAME

Moon Cresta gaña o segundo concurso Querostar

ROCK | outubro 3, 2011

imaxe non dispoñible

O premio do segundo certame de música en vivo Querostar, que organiza a sala The Star de Carral foi para os vigueses Moon Cresta. O grupo de funk-rock levou os 1.000 euros de premio, seguido por Neverside, tamén de Vigo, que se fixeron con 500 euros. Moondog Blues Party quedou terceiro e levou 300 euros mentres que os coruñeses NOC levaron o cuarto premio, unha hora de gravación nos estudios da Radio Galega. Os concertos comezaron a partir das once da noite do pasado sábado e puideron seguirse de xeito simultáneo na rede. O certame contou coa participación dun total de 135 grupos, dos que se elixiron os finalistas mediante os votos de internautas e mais do público da sala.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer