Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Históricos produtores de rock darán un curso para profesionais en San Simón

AGADIC E A EMPRESA DOTBEAT ORGANIZAN ESTA ACTIVIDADE FORMATIVA PARA A INDUSTRIA MUSICAL

Históricos produtores de rock darán un curso para profesionais en San Simón

ROCK | outubro 6, 2011

imaxe non dispoñible

A illa de San Simón acollerá do 19 ao 21 de outubro un curso de produción musical que baixo o título ”Históricos do rock” reunirá a tres relevantes produtores de nivel internacional como mestres que teñen traballado -entre outros- con grupos como AC/DC, Bob Marley, The Who, Steve Winwood, Jimi Hendrix, Joe Cocker, Leonard Cohen, The Pixies ou Foo Fighters. Así, Tony Platt explicará, por exemplo, o proceso de gravación e produción de discos tan emblemáticos como Highway to hell, de AC/DC; Phill Brown falará das súas experiencias de traballo con Led Zeppelin; e Gil Norton da dinámica emprendida no mesmo ámbito con Foo Fighters. Ata trinta profesionais da produción musical de Galicia poderán asistir como alumnos a este curso organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais e a empresa viguesa Dotbeat, a pre-inscrición está aberta ata o vindeiro luns 10 de outubro.

Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer