Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Iván Ferreiro lanza con éxito Confesiones de un artista de mierda

DOUS CDS E UN DVD GRAVADOS AO VIVO COMPOñEN ESTE TRABALLO

Iván Ferreiro lanza con éxito Confesiones de un artista de mierda

POP | outubro 28, 2011

not_19777.jpg

Un disco gravado ao vivo cos grandes éxitos da súa carreira en solitario e da época con Los Piratas. Esta é a proposta que fai o vigués Iván Ferreiro en Confesiones de un artista de mierda. A obra, que consta de dous CDs e un DVD, inclúe por unha banda un directo e un miniconcerto acústico gravados nos estudios Cata de Madrid ante público, así como un DVD coa filmación destas sesións. Para alén da colaboración do seu irmán Amaro Ferreiro e dos membros da súa banda Pablo Novoa e o novo batería Gael Pintos, Iván conta neste traballo con colaboracións como Xoel López, Santi Balmes (Love of Lesbian), Rubén Pozo (Pereza). Ademais dos 14 temas compilados, o disco recolle tamén dúas cancións inéditas. Logo do seu lanzamento, o pasado 18 de outubro, o disco logrou situarse como a segunda obra máis vendida a nivel estatal só por detrás do novo traballo de Amaral.

MULTIMEDIA
Trailer- Confesiones de un artista de mierda
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer