Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Najla Shami e Héctor Lorenzo lanzan Haikus

O SALóN TEATRO DE COMPOSTELA ACOLLE O CONCERTO DE PRESENTACIóN DO DISCO áS 21H

Najla Shami e Héctor Lorenzo lanzan Haikus

FUSIóN | novembro 2, 2011

not_19795.jpg

Lobalú é o nome do proxecto da cantante Najla Shami e mais o guitarrista Héctor Lorenzo. Os dous músicos presentan hoxe Haikus, o seu primeiro disco, cun concerto ás 21 horas no Salón Teatro de Compostela, no marco do ciclo ST Música Presente. Influencias de música galega, brasileira e jazz mestúranse nunha iniciativa que percorre as estacións do ano con tres temas para cada unha delas. O proxecto, que sae baixo o selo Inquedanzas Sonoras, conta con colaboracións coma as de Guillerme Fernández, Quim Farinha ou Sérgio Tannus entre outros. Parte do disco está dispoñible no MySpace do grupo e pódese escoitar íntegro en Spotify.

MULTIMEDIA
Vento_Najla Shami & Héctor Lorenzo

Vento_Najla Shami & Héctor Lorenzo from xavier belho on Vimeo.

datos do disco
Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer