Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Velas Vir gañou o certame En Marcha Música Xove

O GRUPO TIRARá MIL COPIAS DUN CD COMO PREMIO

A Velas Vir gañou o certame En Marcha Música Xove

POP | xaneiro 13, 2012

imaxe non dispoñible

Os monfortinos A Velas Vir impuxéronse na primeira edición do certame En Marcha Música Xove que convocou a Deputación de Lugo. O concurso, centrado en conxuntos de pop e rock, contou coa participación de 15 conxuntos, e como premio os gañadores editarán un CD con nove temas do que se tirarán mil copias. Os finalistas, Yuno de Viveiro, Stick-Up de Sarria e Miriam López Vila de Lugo gravarán pola súa banda un disco conxunto, nos dous casos nos estudios de Sons Galiza. O pasado mércores entregábanse na capital lucense os galardóns da que foi a primeira edición deste certame.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer