Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Volven os Heredeiros da Crus

O CONCERTO DE REGRESO SERá O 3 DE MARZO EN ORDES

Volven os Heredeiros da Crus

ROCK | xaneiro 19, 2012

not_20271.jpg

O grupo de rock Heredeiros da Crus anunciou o seu regreso á escena musical, despois da súa retirada dos escenarios en 2005. Será o día 3 de marzo na discoteca LP45, en Ordes, e conmemorará os 20 anos de nacemento da banda en Castiñeiras (Ribeira). Os Heredeiros foron un importante grupo de rock dos anos 90 famoso pola súa participación no Xabarín Club e polo seu estilo: temas provocadores cantados na variante dialectal das Rías Baixas. O concerto será o principio dunha xira, durará máis de dúas horas e "con sección de metais, coros e piano incluído".

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer