Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Comezan os concertos da Rede Galega de Música ao Vivo

NO PRIMEIRO SEMESTRE OFRECERANSE 226 ACTUACIóN EN 29 SALAS DO PAíS

Comezan os concertos da Rede Galega de Música ao Vivo

MISCELáNEA | febreiro 14, 2012

imaxe non dispoñible

O trío 3Azoteas abrirá mañá día 15 no Jazz Filloa da Coruña a programación da Rede Galega de Música ao Vivo. En total serán 226 actuacións as programadas para o primeiro semestre do ano, 58 menos que no mesmo período do 2011, e en principio son 29 as salas coas que o AGADIC ten acordo de colaboración aínda que agardan poder algunha máis ata un tope de 35. O director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Juan Carlos F. Fasero quixo remarcar na presentación da programación o salto cualitativo experimentado polas salas en dotación técnica e instalacións segundo un estudo levado a cabo pola propia axencia. Para este semestre a Rede conta cun orzamento de 96.893 euros a repartir nun 85% a cargo de AGADIC en un 15% a cargo das salas adscritas. En total serán 69 os grupos que actuarán na Rede ademais de dous magos e dúas compañías teatrais. Na presentación, levada a cabo no Pub Ultramarinos de Santiago, Fasero estivo acompañado polo secretario xeral de Cultura Anxo Lorenzo que aproveitou para reforzar o apoio ao papel de AGADIC como “pivote fundamental da acción da Xunta no eido das industrias culturais” así como a necesidade de que o sector cultural "camiñe cara a autosuficiencia" en condicións de mercado. O representante da asociación de salas Clubtura , David Paz, quixo recalcar a importancia desta rede que "permite levar bandas e actuacións a moitas vilas pequenas do país que doutro xeito non sería posible levar".

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer