Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Loretta Martin presenta Despois da Mandinga

O TEMA SAIO Só SERVE DE PRESENTACIóN PARA áLBUM DE RETORNO DO GRUPO

Loretta Martin presenta Despois da Mandinga

POP | marzo 27, 2012

loretta_martin_mandinga.jpg

Cando fan unha década de traballo, un lustro despois do seu primeiro disco, e logo dunha separación de dous anos, os coruñeses Loretta Martin voltan á carga. Brais Morán e Fran Sanz contan con Miguel Cabana como novo batería, e acaban de tirar á luz Despois da Mandinga. O disco afonda no ritmo funk propio do grupo achegándose a estilos como a samba ou o pop. Gravado nos estudios Abrigueiro da Coruña, o álbum achega seis temas que prometen animar este verán.

“Seguimos a dirección do primeiro traballo” sinala Sanz, baixista do grupo. “Avanzamos cara a un son máis sintético, espontáneo e natural”. De entre os temas destaca o tema de presentación, Saio só, que segundo el “representa perfectamente o traballo do grupo, cun refrán funky clásico e unha introdución na que se mestura a samba”. No estremo oposto, apunta o último corte do álbum Quen, que, segundo el “vai sorprender a moitos porque supón un achegamento ao pop e ao indie, con guitarras distorsionadas “. Tamén resulta sorprendente a aposta por un sotaque brasileiro para o tema de presentación, o que, segundo o baixista “resulta unha cuestión bastante natural para nós, xa que unha das nosas maiores influencias é a música brasileira de hoxe en día. Aínda que a maior parte do que cantamos está en galego, metemos cousas en portugués, español ou inglés polo medio. Empregamos a lingua como un instrumento máis, melódico e sonoro”.

Segundo explica Sanz, a demora neste lanzamento obedece “a que estivemos separados entre 2008 e 2010, e logo de gravar o disco aínda pasou máis dun ano ata que o puidemos editar”, apunta. Impagos ao grupo por diferentes actuacións impedíronlles contar cos fondos necesarios para tirar antes á luz o proxecto. Logo das presentacións na Coruña e en Compostela, comeza agora unha xira de presentación que levará Despois da Mandinga por Lugo, Melide, Vilagarcía, Ourense ou Vigo a partir da segunda quincena de abril.

MULTIMEDIA
Videoclip de Saio só, de Loretta Martin
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer