Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Dous proxectos musicais colectivos chaman á colaboración do público

GALICIAN BIZARRE II E A ORQUESTA METAMOVIDA APOSTAN POLA FóRMULA DO CROWDFUNDING

Dous proxectos musicais colectivos chaman á colaboración do público

ALTERNATIVA | abril 10, 2012

imaxe non dispoñible

Reunir 2500 euros antes do 14 de maio para tirar unha edición de 525 copias en vinilo. Esta é a proposta que fan os grupos que queren gravar Galician Bizarre II, o segundo compilatorio de bandas bizarras do país. Os que fagan a súa achega, a partir de 10 euros, poderán facerse con copia do disco e mesmo cun concerto de Rafa Anido, segundo a contía. Canda a eles, tamén a Orquesta Metamovida, un proxecto que reúne músicos de diferentes conxuntos vigueses comaCró!, Unicornibot, Why Go ou Holywater entre outros, aposta por este formato de financiamento. A súa intención é publicar un disco que recolla os temas de estilo post rock que estiveron interpretando en actuacións en directo ao longo dos últimos meses, para o que tentan reunir 2.000 euros.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer