Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Xoel López presenta Atlántico

O CORUñéS DEIXA ATRáS CON ESTE DISCO A SúA ETAPA COMO DELUXE

Xoel López presenta Atlántico

POP | abril 24, 2012

atlantico_xoel_lopez.jpg

Co seu propio nome, sen o alias de Deluxe, Xoel López asina Atlántico, un disco que achega 12 temas nos que se detecta a influencia que os ritmos suramericanos deixaron no músico. Máis percusión e letras máis calmadas marcan a evolución estilística do coruñés. O disco está a venda desde o pasado 17 de abril e pode escoitarse de xeito íntegro no web do artista e mediante o web Grooveshark. Editado por Esmerarte, gravouse entre Bos Aires e A Coruña O propio Xoel e mais Juan de Dios correron coa produción.

A xira de presentación desde proxecto comeza hoxe mesmo en Zaragoza e chegará a Galicia o vindeiro 12 de maio cun concerto en Compostela. Dentro das actividades de promoción da obra está a iniciativa Escuchando Atlántico, unha serie de vídeos nos que se pode ver a artistas ou actores como Lourdes Hernández, Joaquín Reyes ou Dani Mateo, entre outros a escoitar a obra.

MULTIMEDIA
Trailer da promoción Escuchando atlántico
datos do disco
Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer