Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Multiplícanse as homenaxes a Zeca Afonso

LUGO, OURENSE OU SALVATERRA SúMANSE AS ACTIVIDADES POLO 40 ANIVERSARIO DE GRâNDOLA VILA MORENA

Multiplícanse as homenaxes a Zeca Afonso

CANTAUTOR | abril 25, 2012

imaxe non dispoñible

O país énchese de actividades en memoria do cantautor portugués José Zeca Afonso. O aniversario da Revolução dos Cravos, o 25 de abril, e mais da estrea en Galicia, hai corenta anos, do tema Grândola Vila Morena, que marcou o comezo da revolta, motivan estas iniciativas. Deste xeito, para alén do xa anunciado concerto e documental Terra da fraternidade. Galiza a Zeca Afonso, que se celebrará o 10 de maio en Compostela, Lugo prepara tamén unha programación que comeza o 26 cun concerto do fadista electrónico Gonçalo Guerreiro. Unha mesa redonda, o espectáculo Canto de intervenção e mais outro concerto, da man de João Afonso e Fred Martins completan o programa.

En Ourense, pola súa banda, celébrase entre o 7 e o 10 de maio a segunda edición do ciclo Português Perto. Aquelas nossas músicas. O programa achega actuacións de, entre outros, Aline Frazão, NARF, Sérgio Tannus ou Terra Morena, grupo que interpretará versións do Zeca. En Salvaterra, será o sábado 28 cando se celebre a homenaxe, cunha mesa redonda, unha cea e actuacións de O Leo de Matamá e mais De outra margem entre outras actividades.

Por se fose pouco, esta mesma noite, o Pub Casa das Crechas de Santiago acolle unha foliada temática sobre a canción portuguesa, mentres a sección de portugués da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol conmemora cun concerto de Jorge Mirancos o 25 de abril.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer