Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Música para a volta ciclista ao seu paso por Pontevedra

A DEPUTACIóN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA INCLúE MúSICA NA PROGRAMACIóN COMPLEMENTARIA á COMPETICIóN

Música para a volta ciclista ao seu paso por Pontevedra

MISCELáNEA | agosto 14, 2012

imaxe non dispoñible

O paso da 67 edición da Volta ciclista a España pola provincia de Pontevedra traerá consigo tres concertos patrocinados pola Deputación Provincial de Pontevedra. A repercusión mediática desta competición ciclista aproveitarase para un ciclo musical que comezará o día 24 de agosto de xeito previo á chegada da carreira a terras pontevedresas prevista para o día 28 deste mes. O 24 de agosto o Museo do Mar de Vigo acollerá a actuación de Xoel López; ao día seguinte, 25 de agosto, na praza da Palma de Baiona actuarán os biscaíños We are Standard acompañados no cartel por Dirty Socks e Iván DJ. O derradeiro concerto deste ciclo relacionado coa volta xa será coincidindo coa chegada desta a Vilagarcía de Arousa o día 29 de agosto e no parque da Xunqueira desta localidade actuarán os navarros El Columpio Asesino completando o cartel con Eladio y los Seres Queridos, Moon Cresta, DJ Amable e Iván DJ. Todos os concertos son de balde.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer