Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Fina en Vigo o fundador de A Roda, Fito Domínguez

FOI UN DOS MáXIMOS DIVULGADORES DA CANCIóN POPULAR GALEGA

Fina en Vigo o fundador de A Roda, Fito Domínguez

FOLK | setembro 3, 2012

imaxe non dispoñible

Traballou como pasteleiro, caldereiro e acabou sendo soldador dos asteleiros vigueses. Foi precisamente nesta última etapa na que Adolfo Domínguez, máis coñecido como Fito, comezou a promover un proxecto musical que o faría popular, coa creación do grupo A Roda. O cantante apareceu morto no seu domicilio de Vigo este domingo, unha semana despois do pasamento da súa muller Filo. Como alma máter de A Roda fixo un traballo de divulgación e expansión da canción poular galega, así como de normalización lingüística na área musical, do que cómpre destacar títulos como Falemos galego, Para os amigos ou A Roda rodando.

O grupo A Roda, con 33 anos en activo, conta con máis de 15 discos editados e numerosos recoñecementos como o Premio da Crítica de Galicia ou a Vieira de Prata como mellor conxunto de música popular galega, que conece de a Orde da Vieira. Destaca tamén do seu traballo, as súas numerosas viaxes a centros da emigración, no que contribuiu a darlle azos a este xénero musical entre os galegos residentes no exterior.

Ligazóns
Relacionadas

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer