Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Medomedá debuta con Mellorando pa peor

ACHEGA 12 TEMAS NO ESTILO DE ROCK FESTEIRO PROPIO DO GRUPO

Medomedá debuta con Mellorando pa peor

ROCK | setembro 19, 2012

capa_mellorando_pa_peor.jpg

Logo de catro anos de actividade, Medomedá lanza o seu primeiro disco, co título de Mellorando pa peor. O CD achega doce cancións e mais unha introdución, incluíndo temas como Quero ver como te ris, que se presentara ao certame Apologhit! canda a outros coñecidos dos seus directos como Vas de guai e non chegas a chachi ou Un polbo botábao. O grupo mantén o seu estilo habitual, con fortes influencias do rock de Heredeiros da Crus. Ademais, Medomedá publicou no web Soundcloud extractos dos seus temas para o seu uso como tons de chamada de teléfonos. O disco foi gravado no estudio Pousada Son de Ames, e sae autoeditado baixo licenza Creative Commons.

MULTIMEDIA
Vídeo de adianto do disco de Medomedá
MULTIMEDIA
Vídeo de Quero ver como te ris
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer