Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Chega María Fumaça, un libro disco para os máis novos

O PROXECTO, EDITADO POR GALAXIA, INCLúE UN KARAOKE CON MáIS DE VINTE TEMAS

Chega María Fumaça, un libro disco para os máis novos

INFANTIL | outubro 11, 2012

maria_fumaza_capa.jpg

Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Isaac Palacín, Tanxarina Teatro ou Carlos Blanco son só algúns dos artistas que colaboran en María Fumaça. Este libro disco, que acaba de publicar Galaxia, aposta pola ledicia e vida fronte aos problemas das discapacidades. Segundo sinala a editora o proxecto "gravita arredor de Ruí, un cativo moi especial para quen os seus amigos músicos quixeron crear este libro-disco-dvd cheo de propostas pegadizas e tonadas marabillosas".

Textos, ilustracións, un CD de audio e un DVD con vídeos con karaoke fan parte deste título, que conta cunha vintena de temas destianados aos máis novos. Boa parte dos contidos de María Fumaça están adaptados a persoas con discapacidades.

A Biblioteca Ánxel Casal de Compostela acolle a primeira presentación do libro disco o vindeiro 18 de outubro. A xira continuará o 20 de outubro na Casa do Libro de Vigo e o 9 de novembro na FNAC da Coruña. A obra está dispoñible na colección Sonárbore a un prezo de 22 euros.

MULTIMEDIA
Vídeo de O Mercado un dos temas de María Fumaça
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer