Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Mel de Meiga debuta con Crecente

UN CONCERTO NO FNAC DA CORUñA PRESENTA O NOVO PROXECTO DE EVA CARRERAS O VINDEIRO 24 DE NOVEMBRO

Mel de Meiga debuta con Crecente

FOLK | novembro 16, 2012

meldemeiga_crecente.jpg

Crecente é o título do álbum de debut da formación Mel de Meiga, o novo proxecto musical de Eva Carreras. A cantante, coñecida por ter participado no programa Operación Triunfo, vira a súa carreira cara ao folk cun grupo no que conta con antigos músicos de MutenRohi. Canda a ela, Carlos Campos “Kakus”, Iván Salgado, Pablo Dalama, Loren Tabarés, Leonel Vignola e Luis Manuel Pérez completan a formación. O seu primeiro traballo, editado por Inquedanzas Sonoras, presenta dez temas nos que predomina o folk con compoñente vocal e toques pop que se deixan sentir no emprego do baixo ou da batería.

Gravado nos estudios Nocturnal Records de Ourense, o proxecto conta con colaboracións do gaiteiro Anxo Lorenzo, o percusionista David Outumuro e o quinteto de corda Aurum Ensemble.

Un concerto o vindeiro 24 de novembro no FNAC da Coruña servirá de presentación ao disco.

MULTIMEDIA
Preescoita Crecente en Reverbnation
MULTIMEDIA
Vídeo promocional coa gravación de Crecente
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer