Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Rodrigo Romaní presenta As arpas de Breogán

O DISCO REPASA O EMPREGO DA ARPA NO FOLK CONTEMPORáNEO

Rodrigo Romaní presenta As arpas de Breogán

FOLK | decembro 3, 2012

capa_arpas_de_breogan_romani.jpg

O instrumento musical que máis caracterizou a carreira musical de Rodrigo Romaní reclama todo o protagonismo en As arpas de Breogán, terceiro disco do músico. O proxecto conta con duas arpas, voces, contrabaixo e percusión en formato de cuarteto, acompañados por ocarinas ou elementos de ambientación electrónica. O volume recolle adaptacións de temas tradicionais, como Mi morena canda a composicións propia como a suite As arpas de Breogán, nos que o autor se achega á música clásica.

O disco, que se gravou na propia casa do músico, chega ao mercado da man de Fol Música e está dispoñible tamén en plataformas como Spotify. O volume preséntase ao público o venres 30 de novembro ás 12:30 da mañá na Sede da SGAE en Santiago de Compostela.

MULTIMEDIA
Mi Morena, de As arpas de Breogán
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer