Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Silvia Penide regresa con Animal de compañía

OS DEZ NOVOS TEMAS DA CANTAUTORA PRESENTARANSE CUN CONCERTO NO CULTURGAL

Silvia Penide regresa con Animal de compañía

CANTAUTOR | novembro 29, 2012

animal_companhia_s_penide.jpg

O quinto disco de Silvia Penide está xa á venda. Animal de compañía está composto por dez temas nos que a cantautora, acompañada da súa banda Los Animales, amosa un son máis complexo e letras máis fondas. Segundo Penide, o disco evoluíu a partir da pintura de Tapiés e do traballo musical do brasileiro Hermeto Pascoal. Gravado ao vivo nos estudios Abrigueiro, con produción de Arturo Vaquero e a propia Silvia Penide, o disco preséntase ao público o 1 de decembro ás 18:30 no marco do Culturgal, en Pontevedra.

Na feira estará á venda tamén unha edición limitada que inclúe como agasallo un lenzo de 5x5 cm ao óleo de Roi Pardo. A peza é un fragmento dun grado no que o artista representa a propia cantante. A Ágora coruñesa acollerá a continuación da xira o vindeiro 22 de decembro.

MULTIMEDIA
Animal, de Silvia Penide
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer