Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Nace Discos da Máquina

A INICIATIVA REúNE A ATAQUE ESCAME, DAS KAPITAL E A MAGNIFIQUE BANDE DOS HOMES SEN MEDO

Nace Discos da Máquina

MISCELáNEA | decembro 13, 2012

imaxe non dispoñible

"Un proxecto cooperativo que trata de sumar os esforzos dos grupos para que os resultados poidan lerse en clave de multiplicación". Esta, é aproximadamente, unha definición do que pretende ser Discos da Máquina. A iniciativa, que saía onte á luz, reúne os conxuntos Ataque Escame, Das Kapital e A Magnifique Bande dos Homes sen Medo coa intención de abordar por xunto tarefas de autoxestión e darlle saída aos seus produtos. O proxecto preséntase ao vivo o vindeiro 22 de decembro cun concerto na Sala Capitol. No evento poderá adquirirse o primeiro traballo que xorde no seo desta iniciativa, o EP Noites de agosto con Ataque Escampe.

Os promotores, que apostan pola licencias abertas para o seu traballo, advirten que a iniciativa está diposta a sumar novos participantes. "Os grupos que desexen formar parte teñen que participar dos gastos colectivos e do traballo, pero tamén teñen que gustarnos a nós", aclaran no seu web, e adiantan que a súa intención é estar na rúa, dándolle unha grande importancia aos concertos no seu traballo.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer