Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Birimbao presenta Nena do mare

O DISCO MESTURA A TRADICIóN GALEGA CON SONS DO FOLK CELTA

Birimbao presenta Nena do mare

FOLK | marzo 6, 2013

birimbao_nenadomare.jpg

Catro anos despois da súa primeira gravación, os coruñeses Birimbao acaban de presentar Nena do mare. O disco presenta oito temas nos que se mesturan as melodías tradicionais con temas de composición propia, apostando por un son no que se deixan sentir as influencias do fok celta. A voz de Mabell Castro acompaña seis dos temas do disco, que están dispoñibles baixo licenza Creative Commons. O traballo, autoeditado, gravouse nos estudios Paz & Records. Birimbao está formado por Pepe Mato, Chema Lorenzo, Manolo Gesto, Manuel Caridad, Mabell Castro e Alberto Camba.

MULTIMEDIA
O tema Nena do mare en BandCamp
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer