Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Colectivo Oruga lanza Paraíso caníbal

O SEGUNDO DISCO ACHEGA OITO TEMAS NA LIñA DE ELECTRO-ROCK BAILABLE DO GRUPO

Colectivo Oruga lanza Paraíso caníbal

ELECTRóNICA | marzo 8, 2013

paraiso_canibal_colectivo_oruga.jpg

Oito novos temas de electro-rock bailable compoñen Paraíso caníbal, o segundo disco dos ponteareáns Colectivo Oruga. O disco, que sae da man de Matapadre, gravouse nos estudios Sá da Bandeira do Porto e mais en 24-96 Masteringen de Karlsruhe, Alemaña. Para alén da edición física, o álbum pódese escoitar íntegro en Bandcamp. A xira de presentación arrincaba onte en Barcelona e leva ao grupo a Castellón e Madrid nos vindeiros días. Para maio está previsto que visiten Galicia, con actuación en La Fábrica de Chocolate de Vigo o día 4 e no coruñés LeClub o 11.

MULTIMEDIA
Paraíso Canibal en Bandcamp
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer