EFTERKLANG OFERTARá UN CONCERTO O VINDEIRO 1 DE MAIO NO TEATRO PRINCIPAL
O Festival Sinsal 11 arrinca en Compostela
abril 2, 2013
O Teatro Principal de Compostela abrirá, o vindeiro 1 de maio, a programación do Festival Sinsal 11. A cita de referencia dos sons alternativos en Galicia inicia a súa nova edición cun concerto do grupo dinamarqués Efterklang, que presentará o seu disco Piramida, lanzado este mesmo ano. En vindeira datas iranse dando a coñecer as novas citas deste evento.