Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festival de Pardiñas homenaxea a Díaz Castro

O ENCONTRO COMEZA MAñá A SúA 34 EDICIóN

O Festival de Pardiñas homenaxea a Díaz Castro

FOLK | agosto 1, 2013

imaxe non dispoñible

Os Minhotos, Susana Seivane, Coanhadeira ou Dios ke te Crew son algúns dos grupo que compoñen o cartel da 34 edición do Festival de Pardiñas, que arrinca mañá nesta localidade de Guitiriz. O clásico encontro adquire esta xeira un especial significado pola dedicatoria a Xosé María Díaz Castro co Día das Letras Galegas de 2014. Así, a asociación Xermolos, que organiza a cita, lembrará a figura deste poeta, ademais de artellar unha homenaxe a Xosé Seivane, pregoeiro da primeira mostra de artesanía que se celebrou no seo o Festival. Como novidade, o vindeiro sábado celebrarase por vez primeira en Guitiriz un encontro de Cantos de Taberna, que se suma a propostas habituais como a mostra de instrumentos de música tradicional, a de artesanía ou a carreira popular.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer