Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festival Sinsal voltará o 31 de agosto e o 1 de setembro

O EVENTO FIXO PúBLICO O CARTEL DA EDICIóN QUE SUSPENDEU

O Festival Sinsal voltará o 31 de agosto e o 1 de setembro

MISCELáNEA | agosto 5, 2013

imaxe non dispoñible

Logo de suspender a súa última edición en solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario de Angrois, o Festival Sinsal anuncia novas datas para este ano. A Illa de San Simón acollerá a novena xeira do evento os días 31 de agosto e 1 de setembro, cun cartel que será segredo, como ven sendo habitual, e que se repetirá durante as dúas xornadas. A organización fixo público o cartel da edición que non se celebrou e que incluía nomes como Fluzo, Triángulo de Amor Bizarro ou Caxade, e aínda que sinala que non poden recuperar toda a listaxe para esta edición, agardan poder contar con algúns destes artistas para vindeiros anos.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer