Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Iván Ferreiro continúa a súa carreira co quinto álbum em solitario

VAL MIñOR-MADRID: HISTORIA Y CRONOLOGíA DEL MUNDO SAIRá á VENDA O VINDEIRO 24 DE SETEMBRO

Iván Ferreiro continúa a súa carreira co quinto álbum em solitario

POP | setembro 17, 2013

ivan_ferreiro_val_minor_madrid_historia_y_cronologia_del_mundo.jpg

Doce novos temas (catorce na edición especial) compoñen o cuarto álbum de estudio de Iván Ferreiro e quinto da súa carreira en solitario. O ex-líder de Los Piratas pon á venda o vindeiro 24 de setembro Val Miñor-Madrid: historia y cronología del mundo e adianta xa dous temas por Internet. El dormilón e Como conocí a vuestra madre son os primeiros singles deste traballo que sae con versións en CD e vinilo e que inclúe unha colaboración con Julieta Venegas. O álbum foi gravado nos estudios Blind Records de Barcelona e amosa o retorno do músico á temática intimista.

En outubro comezará a xira de presentación do traballo, cun concerto o día 25 na sala Apolo de Barcelona. A visita a Galicia está prevista para o 15 de novembro, cun recital na sala compostelá Capitol.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer