Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Ouvirmos recupera a primeira gravación dunha banda de música galega

TRáTASE DUN CONCERTO QUE A BANDA BATALLóN MéRIDA DE OURENSE DEU EN 1929

Ouvirmos recupera a primeira gravación dunha banda de música galega

CLáSICA/LíRICA | setembro 25, 2013

banda_batallon_merida_ourense.jpg

Concerto na Alameda. 1929 é o título do disco que acaba de publicar Ouvirmos e que recupera as que, segundo asegura a discográfica, son as primeiras gravacións dunha banda de música en Galicia. En total son dez pezas que inclúen pasodobres, muiñeiras ou jotas, así como as pezas Leria... Leria de Brage e a muiñeira Flor de Cardo de Ricardo Courtier. As cancións foron interpretadas por 25 músicos dirixidos polo mestre Félix Molina, e saíron editadas pola casa Regal. O volume está dispoñible exclusivamente en formato dixital no marco da colección A tiracolo.

AUDIO
Angelines. Banda Batallón Mérida de Ourense.
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer