Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O CGAC acollerá as II xornadas arredor da Música Tradicional

ABORDARANSE TEMAS COMO AS GAITAS NA MúSICA CULTURA OU O PAPEL DOS CEGOS NA TRADICIóN

O CGAC acollerá as II xornadas arredor da Música Tradicional

FOLK | outubro 15, 2013

imaxe non dispoñible

Logo do éxito da pasada edición, a Asociación de Gaiteiros Galegos recunca no Centro Galego de Arte Contemporánea coas II xornadas arredor da Música Tradicional. O encontro, que se celebrará os días 16 e 17 de novembro centrará boa parte da súa atención na música de gaita. Así, a presenza deste instrumento na música barroca ou de cámara, as súas versións en León ou Portugal ou a evolución das formacións de gaiteiros en Galicia protagonizarán diferentes relatorios.

Canda a isto, o papel dos cegos na nosa tradición musical tamén se abordará atendendo á súa relación coa zanfona, á presenza destes músicos na Limia ou mediante a figura do Cego de Padrenda. Presentacións de publicacións sobre música tradicional, traballos sobre o pandeiro ou o acordeón, xogos musicais ou unha foliada fan tamén parte do programa.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer