Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / 2naFronteira musican poemas en Alma

O SEGUNDO VOLUME DO DúO ACHéGASE PRINCIPALMENTE A TEXTOS DE AUTORES GALEGOS

2naFronteira musican poemas en Alma

MELóDICA | novembro 19, 2013

2nafronteira_alma.jpg

Textos de Paz Andrade, Lorca, Curros Enríquez, Manuel Rivas, Pessoa, Rosalía de Castro e Celso Emilio Ferreiro atópanse en Alma o segundo disco de 2naFronteira. O dúo composto por Carmen Penim e o pianista Maurizio Polsinelli versionan con sons clásicos e ritmos tirados da tradición textos destes autores. O dúo está a presentar o álbum, editado por Inquedanzas Sonoras, en diferentes lugares do país. Para o vindeiro 21 de novembro está prevista a súa actuación na libraría viguesa Andel e o día 30 darán un recital no Liceo de Ourense.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer