Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Milladoiro encabezará o cartel do XXX Festival de Ortigueira

O EVENTO CELEBRARASE ENTRE O 17 E O 20 DE XULLO E INICIA UNHA NOVA ETAPA

Milladoiro encabezará o cartel do XXX Festival de Ortigueira

FOLK | xaneiro 24, 2014

imaxe non dispoñible

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira quere iniciar unha nova etapa a coincidir coa súa trixésima edición. Segundo anunciou onte en FITUR o alcalde da vila, Rafael Girón, Milladoiro voltará ao evento este ano como un dos pratos fortes do cartal. Ademais, o festival muda a súas datas e celebrarase entre o 17 e o 20 de xullo con vistas a se adaptar ao calendario universitario. Sen concretar máis novidades, o alcalde sinalou que o evento manterá a gratuidade, o "espírito libertario" e a calidade musical que o caracterizan.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer