Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Ourense acollerá a VII edición do Festival Pórtico do Paraíso

DIABOLUS IN MUSICA, KAROLIS BIVEINIS OU HOPKINSON SMITH FAN PARTE DO CARTEL

Ourense acollerá a VII edición do Festival Pórtico do Paraíso

CLáSICA/LíRICA | febreiro 19, 2014

imaxe non dispoñible

Seis solistas de grupos de música clásica compoñen o cartel do VII Festival Internacional Pórtico do Paraíso. Ourense acolle entre o 13 e o 23 de marzo esta cita na que participan destacados intérpretes como o grupo vocal francés Diabolus in Musica, o pianista lituano Karolis Biveinis, a formación británica de percusión O Duo, o guitarrista barroco Hopkinson Smith e mais o Duo Amal, composto polos pianistas Bishara Haroni, de Palestina, e Yaron Kohlbergm, de Israel.

De xeito paralelo ao encontro, proxectarase o documental sobre música barroca De occulta philosophia, celebraranse encontro cos participantes dos alumnos e profesores do Conservatorio de Ourense e haberá senllas exposicións de fotografías e instrumentos antigos no claustro de San Francisco e mais no Museo Municipal.

DOCUMENTO

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer