Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Coñécense os finalistas dos XIII Premios Opinión

BUDIñO, NAJLA SHAMI E A ORQUESTRA SONDESEU DESTACAN ENTRE OS CANDIDATOS

Coñécense os finalistas dos XIII Premios Opinión

FOLK | febreiro 28, 2014

imaxe non dispoñible

Budiño, con tres candidaturas a mellor disco, mellor canción e mellor artista, parte como favorito na XIII Edición do Premios Opinión de Música Folk. O xornal La Opinión publica hoxe a lista de finalistas ao certame, no que tamén destacan Najla Shami, que opta aos galardóns a mellor tema e mellor artista, e mais a Orquestra Sondeseu, que compite nos apartados de mellor tema e mellor disco. Nesta última categoría destaca a presenza de Kepa Junkera co seu Galiza e completa a lista Kérkennai con Un soño cotián de bolboretas.

AcadaCanto, pola súa banda, entran na nómina de aspirantes a mellor canción, mentres Caxade e Sérgio Tannus completan a categoría de candidatos a mellores artistas.

A gala dos premios celebrarase o vindeiro 30 de maio no Teatro Rosalía de Castro da Coruña

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer