Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Barcia de Mera acolle a VI edición do seu ciclo de Música Relixiosa

SONS BARROCOS, BACH OU MúSICA MOZáRABE FAN PARTE DO PROGRAMA ATA O VINDEIRO 20 DE SETEMBRO

Barcia de Mera acolle a VI edición do seu ciclo de Música Relixiosa

CLáSICA/LíRICA | abril 16, 2014

imaxe non dispoñible

O vindeiro 26 de abril a música voltará encher a igrexa de San Martiño de Barcia de Mera en Covelo, Mondariz. O templo acolle ese día o primeiro concerto do seu VI Ciclo de Música Relixiosa a cargo de Ensemble Vocal Thesaurus que interpretará música da corte aragonesa. A eles seguiralles o 24 de maio Vox Stellae Ensembre cun concerto de música barroca e arias de ópera e oratorio a cargo de Diego Neira e Cecilia Rodríguez-Morán en xuño. Para xullo está programado un recital de Bach por Joaquín Barreira, órgano, e Xabi Louriña, frauta, mentre en agosto será a quenda da misa mozárabe da man de Voz Organalis. O ciclo remata o 20 de setembro coa actuación de Marta Velasco, mezzosoprano, e Ramiro Morales, tiorba, a interpretar un amplo repertorio barroco. O programa presentouse onte no Balneario de Mondariz co apoio da Consellaría de Cultura

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer