Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / 2naFronteira musican a Díaz Castro no seu novo traballo

O DúO ADAPTA 14 POEMAS DO AUTOR HOMENAXEADO NO DíA DAS LETRAS

2naFronteira musican a Díaz Castro no seu novo traballo

CANTAUTOR | abril 28, 2014

zapatinhos_diaz_castro_2nafronteira.jpg

O dúo 2naFronteira, formado por Carmen Penim e Maurizio Polsinelli, presenta Zapatiños para Díaz Castro, un CD no que musica catorce poemas de Nimbos, o poemario de Xosé María Díaz Castro. Os textos do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano cobran vida cunha ampla presenza de harmonios, pianos e a voz de Carmen Penim. No vídeo que encabeza esta información os artistas explican o proceso de xestación deste disco.O grupo iniciou o proxecto a musicar Penélope, o poema máis coñecido do autor, e foi o interese que os músicos foron atopando na lectura dos poemas de Díaz Castro o que os levou a completar o conxunto de textos do autor.

O dúo leva xa desde o pasado mes de xaneiro a programar as presentacións ao vivo deste traballo, que se gravou ao vivo no estudio Casa de Tolos e ve a luz da man de Inquedanzas Sonoras. O vindeiro 8 de maio terá lugar no Museo Interactivo da Historia en Lugo o primeiro dos concertos de presentación do traballo. Tamén hai previstas actuacións no Claustro do Convento de San Francisco, Ourense, o 16 de maio e no Auditorio Piñeiral do Crego de Chapela o 18 de maio.

MULTIMEDIA
Alalá do verme e da estrela en Soundcloud
MULTIMEDIA
Vídeo de Quezáis
VIDEO
Vídeo sobre a gravación de Zapatiños para Díaz Castro
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer