Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Nace en Burela o festival Osa do mar

O MILLO VERDE E A ROMARíA POP PRESENTAN OS SEUS PROGRAMAS

Nace en Burela o festival Osa do mar

MISCELáNEA | maio 21, 2014

imaxe non dispoñible

Con Triángulo de Amor Bizarro, Guerrera, Grampoder, The Brosas ou Ataque Escampe confirmados, Burela celebrará os vindeiros 12 e 13 de setembro a primeira edición de Osa do Mar. O novo festival aposta pola música alternativa galega como eixe e pretende dinamizar o panorama cultural da Mariña. En paralelo, desde Redondela chega, entre o 5 e o 7 de xuño a oitava edición do festival Millo Verde. Breakin´ Bones, Blasted Mechanism, Caramuxo Vermello ou Maison du Malheur son algúns dos grupos que compoñen o cartel. Como é habitual, o evento compleméntase con actividades como a jam de graffiti ou o torneo de baloncesto.

Desde Compostela están a ultimar os detalles para a nova edición da Romaría Pop. O encontro celebrarase o vindeiro 14 de xuño. Ataque Escampe, Linda Guilala, Niño y Pistola, Fogbound, Puma Pumku, Demonhigh, Los Chavales, Aries e Apenino correrán coa parte musical do evento, que inclúe tamén un mercadiño e actividades no Parque de Belvís.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer