Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Triángulo de Amor Bizarro aspira a 5 dos Premios da Música Independente

AS VOTACIóNS DO PúBLICO ESTáN ABERTAS ATA O VINDEIRO 5 DE XUñO

Triángulo de Amor Bizarro aspira a 5 dos Premios da Música Independente

INDIE | maio 22, 2014

imaxe non dispoñible

Ata o vindeiro 5 de xuño están aberta as votacións populares da sexta edición dos Premios da Música Independente. Na mesma, Triángulo de Amor Bizarro supón a principal presenza de grupos galegos, con candiaturas a mellor artista, mellor directo, mellor artista Radio 3, álbum do ano (Victoria Mística) e canción do ano por Estrellas místicas. Nas categorías absolutas unicamente Manuel H. Portolés, de Niño y Pistola aspira ao galardón ao mellor videoclip por By the Grace of God.

Na categoría de mellor álbum en galego compiten A Veces Ciclón de A Veces Ciclón, Co Xenio Destrozado de Ses, Galiza de Kepa Junkera, Grecia de Das Kapital e mais Caxade de A Dança das Moscas.

Ás trece categorías cuxos aspirantes se deron a coñecer onte, súmanse outras trece profesionais e estilísticas que serán escolleitar por un xurado de especialistas do sector.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer