Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A Quenlla musica a Díaz Castro en Desorballando Outonos

O úLTIMO DISCO DO GRUPO ACHEGA VERSIóNS DE 15 POEMAS DO AUTOR

A Quenlla musica a Díaz Castro en Desorballando Outonos

FOLK | xuño 4, 2014

desorballando_outonos_a_quenlla.jpg

Quince poemas de Díaz Castro musicados son a proposta que fai o grupo A Quenlla en Desorballando Outonos. O novo disco da formación, que chega só 2 meses despois do seu último traballo, recupera uns versos do homenaxeado no Día das Letras "que amosan ao autor en distintas situacións e distintos intres da súa vida, para poñerlles a harmonía recreada nos seus soños e nos nosos anceios, con voz sobre a sinfónica orquestración da Terra e no preciso poemario que máis o define", segundo explica a presentación do traballo. Gravado nos estudios do Concello de Arzúa, o proxecto presentouse ao público o pasado 18 de maio no marco da I Festa da Fala de Guitiriz.

Dos textos incluídos no disco, unicamente o poema Penélope fai parte do poemario Nimbos, único publicado por Díaz Castro, todos os demais foron seleccionados polos músicos de entre o resto da obra do autor. Deste xeito, pódense escoitar temas pouco coñecidos como Balada madrugueira, Coma brasas ou Chove en Galicia.

MULTIMEDIA
A Quenlla interpreta A Balada Madrugueira na presentación de Desorballando Outonos
MULTIMEDIA
Presentación de Desorballando Outonos
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer