Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festival de Ortigueira fecha o seu cartel para 2014

THE CHIEFTAINS E MILLADOIRO ENCABEZAN O PROGRAMA QUE SE DESENVOLVERá ENTRE O 17 E O 20 DE XULLO

O Festival de Ortigueira fecha o seu cartel para 2014

FOLK | xuño 5, 2014

imaxe non dispoñible

Os irlandeses Moxie, a escocesa Treacherous Orchestra, os Bretóns Bagad Kemper e Red Carrel, Pepe Vaamonde, a Anxo Lorenzo Band e o Quinteto Bellón Maceiras fan parte do cartel do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que celebra este ano a súa XXX Edición. No entanto, son os concertos de Milladoiro e de The Chieftains os que erguen máis espectación no evento que se celebra entre o 17 e o 20 de xullo. A estas propostas sumaranse as actuacións da Royal Burgh of Renfrew Pipe Band e mais da Dominic Graham School of Irish Dance.

No marco do proxecto Runas para grupos noveis está prevista a actuación dos vascos Ruaille Buaille, gañadores do certame do pasado ano, así como dos tres grupos que aspiran a vencer nesta edición, Xabi Aburruzaga (País Vasco), Cuarteto Caramuxo (Galicia) e Tiruleque (Galicia). Como novidade nesta edición, o Festival convoca os concursos Runas para cuartetos tradicionais galegos e gaiteiros solistas, que teñen aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 30 de xuño.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer