Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / PortAmérica confirma 12 chefs para o seu programa gastronómico

O FESTIVAL DO NORTE INCORPORA ACTIVIDADES FAMILIARES AO SEU PROGRAMA

PortAmérica confirma 12 chefs para o seu programa gastronómico

MISCELáNEA | xuño 13, 2014

imaxe non dispoñible

O Festival PortAmérica, que se celebra entre o 17 e o 19 de xullo Porto do Molle, en Nigrán, continúa coa súa aposta pola fusión entre música e cociña. Así onte daba a coñecer os doce chefs que participarán este ano no showrocking que se integra no programa. Xosé Solla, Iago Pazos, Diego López, Lucía Freitas, Héctor López, Javier Olleros, Alberto González, Roberto Ruiz e Estanis Carenzo son algúns dos nomes que participan no proxecto. No ámbito musical, a organización confirma nomes como Andrés Calamaro, Calexico, Iván Ferreiro, Calle 13, Triángulo de Amor Bizarro ou Vetusta Morla.

Pola súa banda, o Festival do Norte, anuncia que amplía o seu programa con actuacións dedicadas a toda a familia. La Bien Querida, Maribel & Sebastian Dj's, La 4 Pared, Templeton, Isaac Torgal e Quilma achegan a parte musical desta iniciativa, que se completa con obradoiros e actividades para os máis novos.

O evento fechou xa o seu cartel, no que se integran formacións como Is Tropical, Veronica Falls, Austra, El Último Vecino, The Horros, Russian Red ou The Pains of Being Pure at heart.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer