Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Compostela acolle as III Xornadas de Música Contemporánea

ENSEMBLE IXOR, ELISA VáZQUEZ DOVAL, ZOAR ELECTRIC,PABLO SEOANE E ALEJANDRO VARGAS FAN PARTE DO CARTEL

Compostela acolle as III Xornadas de Música Contemporánea

MISCELáNEA | setembro 12, 2014

imaxe non dispoñible

Por terceiro ano consecutivo, diferentes espazos de Compostela acollerán as Xornadas de Música Contemporánea. Entre o 3 de outubro e o 1 de novembro un total de 22 recitais resoarán en espazos como o CGAC, a Cidade da Cultura, a praza da Quintana ou diferentes igrexas da cidade. A Real Filharmonía de Galicia abrirá cun concerto de Mauro Montalbetti a actividade. Canda a este recital, o programa inclúe como o de Ensemble Ixor, Elisa Vázquez Doval, que actuarán o 4 de outubro, Lytos e Zoar Electric, o 5 de outubro Pablo Seoane, o 12 e o pianista Alejandro Vargas, o 26 de outubro. Outras formacións que se poderán escoitar son o Cuarteto Vogler, o Taller Atlántico Contemporáneo, Vertixe Sonora Ensemble e artistas como a violinista Leticia Moreno e o pianista Bertrand Chamayo.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer