Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Neira Vilas presenta o libro-CD Cantos de sol a sol

O VOLUME RECOLLE POEMAS DO AUTOR MUSICADOS

Neira Vilas presenta o libro-CD Cantos de sol a sol

INFANTIL | outubro 15, 2014

cantos-de-sol-a-sol-galería_neira_vilas.jpg

Ilustracións de Xosé Vizoso e música de Xosé Lueiro acompañan os poemas de Xosé Neira Vilas en Cantos de sol a sol. O novo traballo do autor de Gres achega unha serie de composicións líricas pensadas para os máis novos da casa, que son interpretadas por voces como as de María do Ceo, Manoele, Lucía Azurmendi, Carme Rey, Felisa Segade e Xabier Díaz. A observacion da natureza e o esforzo por captar o momento centran os temas dos textos, que saen á luz da man da editorial Galinova e da Fundación Neira Vilas. Logo de se presentar onte no Teatro Principal de Santiago está previsto que ao longo do outono se desenvolva unha xira que dea a coñecer o proxecto por todo o país.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer