Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Morre aos 89 anos a Señora Carmen, cantareira de Malvela

DEBUTOU EN SOLITARIO AOS 82 ANOS CO DISCO NA FLOR DOS MEUS ANOS EN 2007

Morre aos 89 anos a Señora Carmen, cantareira de Malvela

FOLK | xaneiro 5, 2015

not_11258.jpg

Carmen Pérez Navazal, máis coñecida como Carmen de Campos, será soterrada hoxe ás 17 horas na Igrexa Parroquial de Sanguiñeda en Mos segundo comunican desde o perfil social do grupo Malvela. Tras unha dura vida de traballo no campo a señora Carmen debutou como cantante solista en 2007 aos 82 anos de idade conseguindo sona e boas críticas co seu disco Na flor dos meus anos (PAI Música), antes diso foi unha das integrantes do grupo folclórico Malvela, xurdido a partir dun cursiño de cantos populares dirixido pola cantante Uxía, co que tamén acadou moitos éxitos e gravou varios discos chegando a actuar a nivel internacional. A versión que con Malvela gravaron da popular canción "O pirimpimpín" foi utilizada como cabeceira da serie Padre Casares, emitida pola TVG. No seu disco en solitario estivo arroupada por colaboracións tan importantes como as de Dulce Pontes, Xosé Manuel Budiño, Uxía ou Rodrigo Romaní no eido musical e os textos do escritor Fran Alonso no libro que acompaña ao disco e no que dá conta da vida desta muller singular.

A través das redes sociais Malvela fixo pública a súa despedida á Señora Carmén: "Muller e artista de 89 que deixa unha fonda pegada en tod@s nós. Cando gravou, album en solitario no ano 2007, contou nunha longa entrevista a Fran Alonso como foi a súa vida, as súas dores e alegrías, as súas lembranzas de nena, os traballos duros no campo e nos aprendeu que o canto é sanador, no muiño ou nos moitos escenario que pisou. Sempre na nosa memoria e no noso corazón a súa voz fonda e telúrica, Señora Carmen. Nunca a esquenceremos." A comarca de Mos e o mundo da cultura a despíden hoxe.

MULTIMEDIA
Señora Carmen - Na flor dos meus anos

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer