Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Budiño, Cristina Pato e Sharon Shannon encabezan o cartel en Ortigueira

O FESTIVAL DO MUNDO CELTA CELEBRARASE ENTRE O 16 E O 19 DE XULLO

Budiño, Cristina Pato e Sharon Shannon encabezan o cartel en Ortigueira

FOLK | xullo 6, 2015

imaxe non dispoñible

A XXXI Edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira desembarcará nesta vila entre o 16 e o 19 de xullo. A organización anunciaba o pasado venres o cartel o evento, que chega con Budiño, Cristina Pato e mais a acordeonista irlandesa Sharon Shannon como cabezas. Canda a eles, pasarán polo escenario Xabi Aburruzaga, Finnegan-McSherry Project e Capercaillie. A estas propostas súmase o desfile de Bandas de Gaitas no que participarán formacións como o franceses Bagad Beuzeg, os escoceses The Vale e a Escola de Gaitas de Ortigueira, entre outras.

A estas propostas sumaranse, como non, os gañadores do Proxecto Runas para grupos emerxente, no que compiten nesta xeira cinco proxectos. Os galegos Andrés Penabad e Alén de Ancos, os irlandeses Gabriel G. Diges Bans e Perfect Friction e mais a madrileña JDC&Band optan a se incorporar ao cartel do evento.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer